jueves, 18 de diciembre de 2014

Esquios - Estamos aqui (2014)




1. Estamos aquí 
2. Incomunicado
3. Ghaivotos 
4. Cacique 
5. Linchar ao rendeiro 
6. A dama negra 
7. Impotencia 
8. Quero-té 
9. Rompe 
10.Outra vez 

Titulo: Estamos Aqui
Autor: Esquios
Ano: 2014
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 256 Kbps
Tamaño Arquivo: 60,6 Mb 


Despois dun fatídico ano 2013 e da incorporación de tres novos compoñentes Esquíos volvemos co noso disco líricamente máis persoal e escuro, aínda que conservando picadas do noso habitual humor e ironía no que pode ser noso rexistro discográfico máis rotundo.
O disco gravouse en directo no estudio da Radio Galega seguindo as premisas baixo as que se xestaron os grandes discos dos setenta, dun xeito artesanal e sen utilizar ordenadores, capturando toda a maxia e a forza da banda ao vivo en dez temas cunha duración media máis elevada do habitual e que alternan a preponderancia de velocidade, agresividade, groove ou melodía.
Salientar que por primeira vez incluimos nun disco unha versión dun tema alleo, neste caso unha adaptación ao galego do “Let’s lynch the landlord” de Dead kennedys, traducida por nós coma “Linchar ao rendeiro”.
“Estamos aquí” é unha reafirmación de Esquíos como banda, como xeito de face-las cousas e como ideario vital que por suposto vai adicado a memoria de Miguel Angel Castro, Moro.


Gravado en directo no estudio de producción da Radio Galega.
Producido, mesturado e masterizado por Toño Vázquez.

Esquíos somos:

Jorge Rodríguez guitarra e coros
Jorge Iglesias batería e coros
Adrián Gañete "Patuco" voz
Xosé Maceira baixo e coros
Manuel F. Rodríguez guitarra e coros
credits
released 03 May 2014

Toda a música e letras por Jorge Rodríguez agás "Linchar ao rendeiro", adaptación dun tema de Dead Kennedys, "Outra vez", letra de Fosi Labazada e "A dama negra", letra de F. Javier Alvarez Escuredo.
Todos os temas arranxados por Esquíos.
Coros por Esquíos.
Coro e voces en "Ghaivotos" por Chicho Maneiro.


Se queres conseguir a edición física do disco podes mercalo en calquera dos nosos concertos ou pedilo a esquios@esquios.com por 10€, gastos de envío incluidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario