sábado, 14 de octubre de 2017

Os John Deeres - 20 20



1. Entre Fronteiras
2. Rendicion
3. A Sombra de Ti
4. Cara adiante
5. Inevitable
6. Dourado veleno
7. Tan forte, tan lonxe
8. Espiral

Titulo: 20 20 
Autor: Os John Deeres 
Ano: 2017
Estilo: Rock
EP/LP: LP 
Audio:  192 Kbps
Tamaño Arquivo: 46,4 Mb

Con 20-20 os John Deeres atoparon o seu lugar. Despois dun primeiro
traballo inaugural que recollía temas de case unha década tocando xuntos,
con 20-20 a banda dá un salto cara a un son máis directo e cru, máis
compacto e máis achegado ás súas bandas de referencia dos 70, pero sen
perder a perspectiva de estar gravado no século XXI.

En 20-20 atopamos 8 temas pensados para o directo, 8 trallazos de hard
rock contundente con letras que van da temática social (Entre fronteiras,
A sombra de ti, Dourado veleno) ao macarrismo (Inevitable); da
superación dos propios límites (Cara adiante, Tan forte, tan lonxe) á
conciencia de que ás veces só queda deixarse levar pola nosa parte máis
escura (Rendición, Espiral).

Este traballo supón a consolidación dos John Deeres como a banda de
referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia
contrastada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario